ANGROIS NO ESQUECEMENTO

Sinopse

Máis dun ano despois da traxedia do Alvia 04155 en Angrois, as vivencias persoais e as interrogantes sobre por que descarrilou o tren aquel 24 de xullo seguen no pensamento dos que lles tocou estar alí.


Vítimas, familiares, profesionais dos servizos de urxencia e persoas anónimas que colaboraron no rescate son a única voz deste documental de testemuñas. Intentan ir superando aquela data, recordando os seus, mentres acusan as institucións de facer todo o posible para deixar Angrois no esquecemento sen esclarecer a verdade.

Idioma

Galego, castelán

Ficha Técnica

  • Guión e Dirección: Emilio Carral e Susana S. Recouso
  • Imaxe: Marcos Budiño e Fran Piñeiro
  • Música: Kevin MacLeod
  • Produción: Colectivo audiovisual Lentes Diverxentes