QUEN SOMOS
Lentes Diverxentes é un colectivo audiovisual sen ánimo de lucro, de carácter social que pretende darlles voz e visibilidade aos colectivos máis vulnerables que a miúdo quedan á marxe da actualidade mediática.
Queremos que o noso traballo sirva para amosar a inxustiza e a desigualdade e colaborar na reflexión cidadá e no cambio.