COLABORA CON NÓS



Angrois no esquecemento é o primeiro proxecto de Lentes Diverxentes, un colectivo de catro persoas que de xeito independente, desinteresado e autofinanciado trata de sacar á luz problemáticas sociais desde o punto de vista de quen as padece. Queremos que o noso traballo sirva para amosar a inxustiza e a desigualdade, para poñerlle cara a quen as sofre e intentar colaborar na reflexión cidadá e no cambio.


Se concordas cos nosos proxectos e queres colaborar podes facelo cunha doazón no seguinte número de conta, da entidade Caixa Rural Galega.



ES40 3070 0035 2861 5380 3223



Non esquezas identificarte co teu nome e DNI, para que saibamos quen nos apoia e para garantir a transparencia do financiamento do colectivo.


Hai ademais outros xeitos de colaborar con nós que non supoñen unha retribución económica: a difusión nas redes sociais, o boca a boca, a organización de proxeccións gratuítas do documental na túa asociación... Con isto xa estás axudando a que máis xente coñeza as causas que denunciamos. Entre todos podemos chegar máis lonxe.


MOITAS GRAZAS!